10/05/2014

Podíase e conseguiuse



A Atención Continuada (AC) é un concepto que xurde na SAS/1620/2009 polo cal as persoas residentes poden continuar a actividade asistencial, e polo tanto, a formación.

Pero coa a AC ocorre como con moitas outras cousas: que apareza nunha lei non implica que quen teña que aplicala se entere. E así ocorreu dende que saíu o decreto, que administradores e xefes de servizo non entendían o significado de OBLIGATORIO que aparecía no papel. Nunha época na que os recortes son o pan de cada día, a ampliación semellaba un sono.

E así ocorreu. Usando a pluma con máis forza que a espada, demostrando a competencia en infinitos proxectos e falando coas instancias que fosen precisas, fomos escribindo algúns dos capítulos máis interesantes das actas de AGAPIR. Negociacións con titores, explicacións a psiquiatras oposicionistas, amenazas de falar con xerencia, comisións de docencia para arriba e para abaixo, fóronse logrando as vitorias unha a unha.

Pero agora podemos dicilo con orgullo. Podíase, e conseguiuse. A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense e... Vigo! O último reducto que quedaba iniciou a súa AC a principios de ano e aínda a mantemos.

En definitiva, as e os Pires seguiremos dando o mellor de nós mesmas nas nosas respectivas AC e dende AGAPIR loitando pola calidade da nosa formación. Porque pódese.